Caballero celebra que Vigo acolla en setembro a segunda edición de Mindtech
O alcalde reivindicou na presentación de Mindtech a importancia de Vigo no pulso industrial de Galicia, destacando o seu potencial para optar á construción dunha fábrica de baterías. Durante a súa intervención, felicitou aos promotores desta feira internacional, “unha forma extraordinaria de entender o progreso para conseguir avances económicos”.
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación de Mindtech, Metal Industry and Technologies International Trade Fair, a feira industrial de referencia no Polo Ibérico, que celebrará no Ifevi a súa segunda edición do 14 ao 16 de setembro. Na súa intervención, eloxiou “un proxecto excepcional de lanzamento da industria, que é o corazón da economía. Mindtech é unha forma extraordinaria de entender o progreso para conseguir o avance económico. Respecto dos tempos, augurou que se organiza nun momento “idóneo” no que asistimos ao fin da pandemia. “Agora toca o máis importante - proseguiu -que é a industria, a economía e o emprego”.
Logo de destacar a importancia de celebrar unha feira como esta para impulsar a recuperación económica, referiuse ao marco dos Next Generation EU, con 27.000 millóns de euros, para os que a industria ten que ser unha forza tractora. A este respecto, reiterou a importancia que tería para “anclar” en Vigo a industria do automóbil que se implantara en Vigo unha fábrica de baterías vinculada á mobilidade eléctrica.
Na presentación tamén participaron Justo Sierra, presidente de Mindtech; Lino Comesaña, director de Negocio Galicia, Asturias y León de Abanca; David Regades, delegado de la Zona Franca; Galo Gutiérrez, director Xeral de Industria e Peme no Ministerio de Industria, Comercio e Turismo; e Francisco Conde, vicepresidente segundo e conselleiro de Economía. O acto foi conducido por Enrique Mallón, responsable de ASIME.
Na súa primeira edición, Mindtech contou con máis de 200 expositores, 20.000 visitantes. Este ano volverán a estar presentes todas as industrias punteiras do sector.