Escoitar

O goberno de Vigo adxudicou 156 novas achegas de emerxencia por importe de 26.355 euros

A última comisión municipal de valoración adxudicou 156 novas achegas de emerxencia por un valor de 26.355 euros. O 66% destas axudas serviron para evitar desafiuzamentos na cidade.

luns, 24 mai 2021

O alcalde deu conta esta mañá da adxudicación de 26.355 euros en 156 novas achegas de emerxencia, das que o 66% foron para pagos de vivenda, é dicir, para evitar desafiuzamentos. Ata o de agora, o importe total destas axudas ascende a 2.112.414 euros, unha cantidade que permitiu entregar 13.780 achegas que beneficiaron a 37.206 persoas.