Escoitar

O Camiño Ceán, en Coruxo, contará con 19 novas vivendas unifamiliares

O Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación UA-1 Ceán permitirá a construción de 19 vivendas unifamiliares e 36 prazas de aparcamento en Coruxo, na estrada do Vao. O proxecto tamén prevé a cesión de case 3.000 m2 para zonas verdes e de equipamento.

martes, 23 mar 2021

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá tomouse coñecemento da resolución da incoación do procedemento do “Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación UA-1 Ceán”. A parcela está en Coruxo, preto da estrada provincial EP-2003 (a estrada do Vao) e tamén limita co Camiño Ceán. Ten unha superficie de 7.167 m2, formaba parte do PXOM de 2008 e está vixente tamén no de 1993.

De iniciativa privada, alí consolidarase unha zona residencial similar á do contorno, con servizos e zonas verdes. A previsión é construír 19 vivendas unifamiliares (7 delas, en réxime de protección), 36 prazas de aparcamento, ademais de cede case 3.000 m2 para viario público, zonas verdes e equipamento.