O Concello aplica bonificacións fiscais no IBI por valor de 4,2 millóns
O total das deducións do IBI na cidade de Vigo elévase aos 4,2 millóns de euros, segundo detallou esta mañá o rexedor. Un dos colectivos beneficiados con esta medida son as familias numerosas, que contan cunha bonificación do 90% deste imposto.
O alcalde cifrou esta mañá en 4,2 millóns o importe dos beneficios fiscais no IBI (Imposto de Bens Inmobles). Tal e como detallou, o Concello bonifica o 90% deste imposto a todas as familias numerosas da cidade, sen requisito económico, o que supón un montante de máis de 100.000 euros. Onte mesmo asinouse esta rebaixa para 141 familias, ás que se sumarán outras 237 que están tramitando a súa solicitude. A previsión é beneficiar a un total de 378 familias numerosas.
Outras rebaixas neste imposto aplícanse a todos aqueles que o paguen en dous prazos (un 3% menos); un 50% para os titulares de vivendas de protección oficial, ademais de dispensar ás vivendas con cualificación de ben de interese cultural. Tamén se exime do pago aos Montes veciñais en man común, aos centros educativos públicos e privados concertados (386.223 euros); Universidade (600.000 euros); Bens do Estado e Comunidade Autónoma pi Bens en construcción o rehabilitación.