Escoitar

Vigo paraliza toda a obra pública coa prohibición da actividade económica non esencial

A decisión do Goberno de España de prohibir a actividade económica non esencial paraliza todas as obras públicas na cidade. Abel Caballero incluíu esta decisión dentro da batalla contra o coronavirus porque “o prioritario é a saúde”.

luns, 30 mar 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde deu conta esta mañá da paralización de todas as obras públicas na cidade, un proceso que xa comezou o sábado co afianzamento dos traballos de Porta do Sol, Ronda don Bosco, Estrada Porto e as numerosas humanizacións que se están realizar no rural, mentres que esta mañá aseguráronse os traballos de Gran Vía. Tal e como explicou o rexedor, a paralización da actividade non esencial é unha decisión das autoridades sanitarias e do Goberno de España que a cidade asume porque “o prioritario é a saúde”. Referiuse aos servizos que permanecen operativos como a limpeza, a desinfección ou o transporte público con restricións, entre outras, a imposibilidade de pagar en efectivo.

Descargar todas as imaxes