Escoitar

O Concello ofrece colaboración á Xunta para a atención sanitaria

O alcalde explica que xa lle comunicou por carta ao presidente do goberno autonómico que “todos os dispositivos da cidade” están ao seu dispor para velar pola saúde das 600.000 persoas que conforman a Área Sanitaria de Vigo.

luns, 30 mar 2020

Segundo apuntou, Vigo centraliza a atención hospitalaria  de 600.000 persoas, tanto as que residen na cidade como as que forman parte da Área Sanitaria de Vigo, polo que quere poñer a todos os efectivos de Vigo a disposición da Xunta de Galicia co obxectivo de “velar pola saúde” de toda a cidadanía e que “sexan ben atendidos nos centros hospitalarios e sanitarios vigueses”.

“O primeiro son as persoas” declarou Abel Caballero reiterando o ofrecemento, que xa lle trasladou ao presidente da Xunta por escrito, de poñer á súa disposición todos os efectivos que precisen para facer eficaz esa atención e todo o que sexa necesario para acadalo. “O importante é a xente e a saúde das persoas, poñernos a disposición da xente e velar pola súa saúde e aquí non hai partidos, só persoas”, recalcou.