Escoitar

O goberno local mellora o acceso aos institutos coa obra de humanización da rúa Coutadas

O alcalde visitou esta mañá a recentemente rematada obra de humanización de Coutadas na que se actuou en 127 metros de vial. As obras incluíron a mellora da seguridade do acceso aos institutos, ademais da renovación completa da rede de saneamento e pluviais.

mércores, 11 dec 2019
1576071942coutadas.jpg
A humanización da rúa Coutadas permitiu actuar en 127 metros de vial nos que se mellorou a accesibilidade peonil e a seguridade vial, delimitando zona de xiro e maniobra, con nova sinalización vertical e horizontal, ademais dun aparcamento de autobuses, o que redunda nunha mellora no acceso aos institutos da zona. Esta actuación, entre a rúa Santander e o paso superior sobre a AP9, incluíu a completa renovación da rede de saneamento e pluviais, así como a zonas verdes.

Obras en marcha
O Concello vén de rematar tamén outras obras como son as humanizacións de Camelias, Mantelas, Gregorio Espino ou Pazos; o patio do colexio García Barbón, o patio de Becerreira; a estrada provincial Emilia Pardo Bazán ou o falso túnel de Candeán. Tal e como detallou o rexedor, están a punto de rematar o pavillón de Romil ou o carril bici -na zona de Travesía de Vigo. Respecto dos traballos a piques de comezar, referiuse á Porta do Sol, á Ronda don Bosco e á estrada Porto Beade, mentres que en licitación están o túneis de Lepanto. Finalmente e pendente de aprobar o proxecto, atópanse a Grada de Marcador -financiada exclusivamente pola Deputación e polo Concello – e os campos de fútbol de Fragoselo e A Guía.
Descargar todas as imaxes