O alcalde entrega as axudas da Fundación VIDE a 27 deportistas de alto nivel
Abel Caballero entrega este mércores as axudas do Concello de Vigo aos deportistas de elite da cidade a través da Fundación VIDE, que dispón dunha achega total de 50.000 euros. O alcalde reparte becas a un total de 27 deportistas de alto nivel.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrega este mércores as becas da Fundación VIDE, que consisten nunha axuda total de 50.000 euros para deportistas de alto nivel. As bolsas repártense por méritos deportivos da temporada 2018/19 a un total de 27 deportistas. As modalidades deportivas ás que pertencen o becados son taekwondo, judo, squash, bádminton, natación e remo.
O pasado luns o Concello xa entregou 20 becas da Fundación VIDE a deportistas promesas, cunha achega total de 20.000 euros. Desde o ano 2014 (temporada 2013-2014) a Fundación VIDE repartiu 120.000 euros para deportistas individuais grazas ao Concello e a patrocinadores privados.
Descargar todas as imaxes