martes, 10 dec 2019
O Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) celebra este martes o seu tradicional Festival de Nadal coa visita do alcalde de Vigo. O Concello dedicará o vindeiro ano un total de 6,3 millóns de euros, mentres que outros servizos coma Cedro ten asignado no Orzamento outros 800.000 euros.
martes, 10 dec 2019
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde á proposta de declaración de área de rehabilitación a Beiramar, Espiñeiro, Grupo Fenosa, A Salgueira, San Roque e San Pablo. Esta iniciativa permitirá intervir en 1.624 vivendas cun orzamento aproximado de 50 millóns, dos que o 50% sería financiado polo Plan de Vivenda 2018-2021.
martes, 10 dec 2019
Abel Caballero participou con Carmela Silva na presentación en Vigo da campaña coa que a Deputación de Pontevedra promove a compra de xoguetes que non respondan aos estereotipos de xénero tradicionais. Para o alcalde, que trasladou o seu apoio á iniciativa, "a igualdade é o novo tempo de entender a sociedade e seguiremos dando pasos nesta dirección" mentres a presidenta do ente provincial destacou a importancia de "mercar e agasallar con sentido e con igualdade" durante este Nadal. Os autobuses urbanos das liñas H e C3 da cidade locen desde hoxe os carteis da campaña.