Escoitar

Vigo dedicará 6,3 millóns ao Servizo de Axuda a Domicilio en 2020

O Servizo de Axuda a Domicilio (SAD) celebra este martes o seu tradicional Festival de Nadal coa visita do alcalde de Vigo. O Concello dedicará o vindeiro ano un total de 6,3 millóns de euros, mentres que outros servizos coma Cedro ten asignado no Orzamento outros 800.000 euros.

martes, 10 dec 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes en rolda de prensa de que o Concello dedicará o vindeiro ano un total de 6,38 millóns de euros ao Servizo de Axuda ao Domicilio (SAD). O rexedor acudirá esta tarde ao Festival de Nadal que celebrarán 230 persoas do case millar de usuarios que utiliza este servizo para a dependencia, posto que moitos deles non poden desprazarse.

O orzamento do programa foi en 2019 de 5,8 millóns, unha cifra que se elevará a 6,38 millóns euros en 2020. O SAD atende cuestións de hixiene, coidados e labores domésticas con dúas modalidades de acceso: como dependentes ou a través de libre concorrencia (para o que non se necesita estar considerado dependente).

Caballero tamén destacou que no orzamento de 2020 adícanse un total de 19 millóns de euros a benestar social, cun incremento do 8,95% respecto do presente ano. Entre os servizos que destacou o rexedor atópase os Coidadores de Barrio (540.000 euros), o programa socioeducativo e de apoio familiar (710.000 euros), becas de libros e comedor (1,8 millóns) ou comedores sociais (273.000 euros), axuda servizo no fogar (6,38 millóns), Teleasistencia (93.600 euros), Albergue (820.000 euros), Centros de Día de Teis, Coia y Valladares (350.000 euros), Cooperación Internacional (329.290 euros) e apoio a entidades (179.290 euros).