"Enredadas" reúne este venres as voces de Martirio, Uxía, Carmen París e Ugía Pedreira
O concerto terá lugar este venres, 10 de maio, ás 20:30h no Mar de Vigo, con entradas de balde a recoller -ata un máximo de catro- nas billeteiras do Auditorio desde as 17h do mesmo venres.
O jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza mañá de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugía Pedreira chegan este venres ao Auditorio Mar de Vigo. As catro artistas teñen moito máis en común do que semella a simple vista, pois todas elas loitaron pola necesaria reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da xota con aires tropicais.
O espectáculo nace co fin de promover, fomentar e difundir a arte como encontro, estreitar o coñecemento e a experiencia destas cantoras que reinventaron e revolucionaron os xéneros, dándolle unha nova vida e unha nova visión desde o risco, a experimentación e a creación de novos contidos e arranxos que entroncan co jazz e outras músicas, facendo que chegue a outra audiencia.
Descargar todas as imaxes