Escoitar

O Concello aproba a delimitación das parcelas que deben xestionar a biomasa forestal

Trátase da aprobación inicial do documento que recolle un total de 1.988 hectáreas de terreo incluído na rede secundaria de faixas de xestión da biomasa do Concello. Amais quedou aprobada a contratación do subministro de gas natural para algunhas dependencias municipais.

xoves, 9 mai 2019
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a aprobación inicial do documento de delimitación da rede secundaria de faixas de xestión da biomasa do Concello de Vigo.

O documento recolle a obriga dos propietarios de tódalas parcelas incluídas na rede de faixas secundarias dos montes, que son competencia municipal, de limpar e xestionar a biomasa para evitar o risco de incendio, cando esas parcelas estean a 50 metros ao redor de edificacións destinadas a vivendas. Suman un total de 1.988 hectáreas.

Subministración de gas natural
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o expediente de contratación da subministración de gas natural para os colexios públicos, escolas infantís municipais, o Auditorio Mar de Vigo e as dependencias do Concello.