luns, 6 maio 2019

O alcalde alerta da necesidade de facer fronte aos ataques contra a Unión Europea

O rexedor alertou dos intentos das dereitas extremas de desmembrar a Unión Europea, lembrando o fascismo, a peor etapa da historia do continente. Ao longo da súa intervención, avogou por facer fronte a estes ataques recuperando o eixo entre España, Francia e Alemania. Así o advertiu esta mañá durante a conmemoración do Día de Europa nun acto organizado na Axencia Europea de Control da Pesca. <br />

Aberto o prazo de inscrición para a VI Andaina polos Montes de Vigo

luns, 6 mai 2019

A sexta edición terá lugar o próximo domingo, 12 de maio, organizada polo Concello de Vigo e coa inscrición aberta ata este venres, no teléfono gratuíto 010. A Andaina, que supera os 39 quilómetros, ofrece catro percorridos en función da dificultade e da idade, incluíndo a "pequerruta" e unha ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida.

O alcalde saúda ao alumnado das X Xornadas de Teatro Escolar

luns, 6 mai 2019

O Auditorio Municipal acolle desde hoxe as X Xornadas Municipais de Teatro Escolar que contarán coa participación de 350 estudantes de 14 centros de Educación Primaria da cidade que representarán diferentes pezas, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro. O alcalde saudou este luns ao alumnado, profesorado e familias presentes no patio de butacas da sala.