Escoitar

O Concello divulga entre 120 escolares a importancia dos humedais na biodiversidade

O alcalde visitou este martes a xornada organizada polo goberno de Vigo no parque de Castrelos para conmemorar o Día Mundial dos Humedais, con 120 alumnos dos colexios Canicouva e Mestres Goldar. Vigo conta con 314.000 m2 de zonas húmidas.

martes, 5 feb 2019
1549373688humedales.JPG
En declaracións aos medios, o alcalde explicou que esta iniciativa procura trasladar ao alumnado do Mestres Goldar e do Canicouva os valores medioambientais das zonas húmidas e a súa importancia na preservación da biodiversidade. De forma lúdica e participativa, os monitores explicaron aos escolares as características destes espazos como ecosistemas, a súa flora e fauna, e as especies autóctonas e invasoras, ademais de cuestións particulares do parque de Castrelos.

No tocante ao parque, o alcalde avanzou que o goberno vigués traballa nun censo da fauna existente en Castrelos, que é "extremadamente rica", e puxo en valor a recuperación das zonas húmidas coas que Vigo conta, entre a que destacou a da Bouza. A cidade ten 314.000 m2 de humedais, sendo os máis salientables os da Bouza, Goberna, Muiños, O Vao, Fontes-Pertegueiras, Barreiro e a Xunqueira do Lagares, este último de auga salgada.
Descargar todas as imaxes