venres, 8 feb 2019
O alcalde deu conta este venres do inicio, nos próximos días, de trinta e unha actuacións nas parroquias viguesas e informou da prórroga do contrato do Centro de Usos Múltiples Vigosónico.
venres, 8 feb 2019
Abel Caballero visitou este venres unha escola de educación infantil con 300 nenos e nenas de entre tres e seis anos. Xunto á dirección e as responsables da ANPA, o alcalde coñeceu de primeira man os proxectos do centro e as propostas de mellora de instalacións. O Concello buscará fórmulas de cooperación coa escola.<br />
venres, 8 feb 2019
O Colexio de Avogados de Vigo entregou este venres as insignias de ouro a sete letrados que cumpren corenta anos exercendo a profesión na cidade: Paula Táboas, Matías Movilla, Miguel Ángel Ferreras, José Carballo, José Pérez Sousa, Jorge Luis Trigás e Francisco Javier Cabo. Abel Caballero sumouse ao acto de recoñecemento do labor e da traxectoria destes profesionais celebrado na sede da Fundación Celta de Vigo.