xoves, 7 feb 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este xoves que a Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto para que a zona superior do túnel da autoestrada AP9, ao seu paso por Candeán, poida converterse nunha zona de ocio. Tamén foron aprobadas as becas de inglés para a Escola de Idiomas e as novas butacas para a grada de Río Baixo.
xoves, 7 feb 2019
O alcalde amosouse "disposto" a que os veciños do Casco Vello poidan optar a estacionamentos cando abra o aparcamento da Porta do Sol, que será despois da peonalización da praza pois o túnel empregará a primeira planta do parking. Mentres, Caballero insta ao Consorcio do Casco Vello a acordar prazas para os veciños nos soterrados do Berbés e da Laxe.
xoves, 7 feb 2019
Abel Caballero amosou o seu aval este xoves no Mercado do Calvario á campaña que desenvolve o sindicato Satse: Ratios enfermeiras coa que promoven unha proposición de lei para respectar o máximo número de pacientes por enfermeira. Un obxectivo que, en opinión do alcalde, "merece atención e apoio e traerei ao Pleno do Concello esta proposta para sometelo a consideración". Caballero anunciou que o seu goberno secundará esta proposición e avanzou que a trasladará á Federación Española de Municipios e Provincias porque "temos que dar aldabonazos para a mellora da sanidade pública".
xoves, 7 feb 2019
O Centro de Documentación e Recursos Feministas dependente da Concellería de Igualdade do Concello de Vigo vén de presentar o seu programa de actividades que se desenvolverán no dito centro ata o vindeiro mes de abril.Entre as numerosas e diversas actividades atópanse as seguintes: presentacións e faladoiros de libros, club de lectura, visitas escolares, formación de usuarias, etc.