Escoitar

O Concello esixe á Xunta medidas urxentes de seguridade na lonxa de Canido tras sufrir un derrube

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, alertou de que as consecuencias poderían ser moi graves se a caída do teito fose dúas horas despois. "Agardamos a que a Xunta informe do sucedido", sinalou.

mércores, 6 feb 2019
O Concello de Vigo dirixiuse este mércores a Portos de Galicia, dependente da Xunta, para que tome medidas urxentes de seguridade na lonxa de Canido, onde a primeira hora da mañá rexistrouse un derrube parcial do teito.

"Foi un gravísimo accidente que afortunadamente non tivo consecuencias porque non había actividade, pero no quero pensar o que ocorrería se fose dúas horas despois", sinalou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Segundo explicou o rexedor, o accidente rexistrouse ás 07:30 horas cando parte do teito da lonxa viuse abaixo. Dous vehículos dos Bombeiros de Vigo e patrullas da Policía Local acudiron ao lugar e posteriormente os técnicos de Urbanismo revisaron as instalacións para coñecer o alcance dos desperfectos.

"Agardamos as informacións da Xunta de Galicia, agardo rapidamente que informen á Confraría de Pescadores e á cidadanía", sinalou Caballero.