Escoitar

A orquestra SonDeSeu ofrecerá un concerto especial en apoio a Cíes Patrimonio da Humanidade

A cita, con numerosos artistas invitados, será o 2 de febreiro no Mar de Vigo. Trátase dunha actuación especial de SonDeSeu en apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade.

luns, 14 xan 2019
1547544133sondeseu.jpg
O Auditorio Mar de Vigo acollerá o vindeiro sábado 2 de febreiro un concerto especial da Orquestra SonDeSeu en apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade. O concerto contará con numerosos artistas convidados entre os que se atopan Rosa Cedrón, Vanesa Muela, Luís Peixoto e o orfeón Treixadura, entre outros.

Caballero destacou na presentación o éxito que está a ter SonDeSeu na súa xira por toda Galicia co seu último disco, "Beiralúa", así como o seu novo espectáculo musical "Arraianos". "SonDeSeu participou en 2015 no espectáculo ‘O canto das Illas’ en apoio a Cíes Patrimonio da Humanidade e esta nova actuación é unha garantía da boa marcha desta candidatura", afirmou o rexedor.

SonDeSeu protagonizará ademais este ano no Royal Concert Hall o concerto inaugural do Festival Celtic Connections, que se celebra do 17 de xaneiro ao 3 de febreiro e contará con máis de 300 concertos e 2.100 músicos de todo o mundo.

Pola súa banda, o director da orquestra, Rodrigo Romaní, destacou "o mimo do Concello de Vigo á educación musical e ao noso patrimonio musical". "Temos moita ilusión neste concerto porque estamos empeñados en que Cíes sexa patrimonio da Humanidade, xa que Cíes é pura música".

A entrada ao concerto é gratuíta previa retirada de invitación no despacho de billetes.
Descargar todas as imaxes