O dispositivo do frío opera en cooperación coa Policía Local e Protección Civil
O alcalde de Vigo volveu poñer en valor esta mañá que Vigo é a única cidade galega cun albergue municipal que, ademais de cama ofrece servizo de comedor. Non obstante, para atender ás persoas que non queren acudir ás dependencias de Marqués de Valterra, o Concello mantén operativo o dispositivo do frío, que entrega bebidas quentes, sopa, mantas e sacos de durmir.
O alcalde fixo balance esta mañá do funcionamento do dispositivo do frío da fin de semana, cando se localizaron catro persoas durmindo na rúa -non queren acudir ao albergue -aos que se lles ofreceron bebidas quentes, sopa, mantas e sacos de durmir. Nin o venres nin o sábado quedou ninguén fóra do albergue e, ademais, quedaron prazas libres para homes e mulleres nas dependencias dos Hermanos dos Misioneros Pobres. Respecto ao domingo, dous homes e unha muller quedaron sen praza na dotación municipal de Marqués de Valterra e rexeitaron ser trasladados ás dependencias dos Hermanos dos Misioneros Pobres de Teis, onde quedaron vacantes tres camas para home e catro para mulleres.
O dispositivo de frío, que permanecerá activo mentres así o requiran as condicións climatolóxicas, opera en perfecta coordinación coa Policía Local e con Protección Civil e sae tres veces ao día cun técnico de inserción e un educador/a social.
En declaracións aos medios, Caballero engadiu que Vigo é a única cidade galega que conta cun albergue municipal que, ademais, ofrece servizo de comedor e a posibilidade de que os usuarios poidan pasar o día nas súas dependencias.