Escoitar

Caballero: "Humanizamos o 70% da cidade en 12 anos e meu obxectivo como alcalde é chegar ao 100%"

O alcalde de Vigo visitou este luns as obras de reforma da Praza de América que comezaron a pasada semana. Abel Caballero destacou que toda a zona será reorganizada para goce cidadán e posta en valor da obra de Silverio Rivas.

luns, 14 xan 2019
1547473452america.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a Praza de América, onde a pasada semana comezaron as obras do proxecto de mellora da contorna da Praza América. Cun investimento de 1,4 millóns de euros, a humanización ten como obxectivo facer un "deseño moderno da praza, no contexto da humanización e retomando a idea do escultor Silverio Rivas".

Coa obras que se executarán a Praza prestará máis atención á xente cun espazo central que será transitable. Amais van renovarse as redes de abastecemento, saneamento, alumeado, crearanse aneis verdes de vexetación sobre xardineiras, tanto en el perímetro exterior como no interior e instalaranse novos semáforos, sinais e novo mobiliario na praza.

"É un suma e segue, estamos no ano 12 das obras e levamos humanizada máis do 70% da cidade e chegaremos ao 100%, que é obxectivo que teño como alcalde", sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O rexedor insistiu en que se trata dunha "nova forma de entender a Praza de América, unha remodelación completa e unha adaptación aos tempos actuais e modernidade, con moito máis xardín, moito máis verde, máis luz, papeleiras, bancos, xardineiras e árbores".

Abel Caballero destacou que a praza era unha "árida e chea de cemento, coa escultura de Silverio pouco realzada, polo que imos a facer un sistema ornamental, peonil, para poder vivir a Praza de América".

O proxecto consiste en reorganizar a glorieta, que será máis grande e poderá ser transitable, diminuír o vaso da fonte e integrar varias pezas da obra de Silveiro Rivas que agora mesmo están espalladas na confluencia coa Florida e na Gran Vía. "Ao propio escultor non lle gustou o resultado e 30 anos despois a imos a refacer", destacou Caballero.

"A marcha da cidade é imparable, unha forma de entender Vigo desde a arquitectura, humanización, ocupación da cidade polos cidadáns, zonas accesibles, xa temos a maior parte da cidade humanizada e co aprecio dos cidadáns", concluíu o alcalde de Vigo.
Descargar todas as imaxes