Escoitar

O Concello de Vigo ten en marcha ou en proxecto para este mandato obras por valor de 142 millóns

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este luns das obras que están en marcha na actualidade ou que serán proxectadas dentro do presente mandato. "Nunca na historia da cidade houbo nada parecido", dixo o rexedor tras a súa visita á humanización da Avenida Atlántida.

luns, 17 dec 2018
1545054602atlantida.JPG
Abel Caballero visitou este luns as obras de humanización que están en marcha na Avenida Atlántida de Vigo. O alcalde fixo balance posteriormente na rolda de prensa das actuacións que está a levar o Concello ou que ten previsto aprobar antes do vindeiro mes de maio.

"Nunca na historia desta cidade houbo nada parecido", destacou Caballero antes de sinalar que o montante global dos investimentos municipais chega ata os 142 millóns de euros. Segundo explicou, o Concello de Vigo ten actualmente obras en marcha por valor de 26 millóns e actuacións pendentes de inaugurar que supuxeron un custe de 7,2 millóns, pero ademais, antes do fin de mandato, comezarán investimentos por 44 millóns e haberá proxectos aprobados por 64,1 millóns.

Respecto da humanización que leva a cabo o goberno local na Avenida Atlántida, explicou que xa está a punto de finalizar e ten un investimento de 470.000 euros. As actuacións levadas a cabo nesta rúa inclúen a renovación da pavimentación, nova rede de abastecemento e saneamento, rede de rego, conservación de arborado existente e plantación de 18 alcorques, ademais de nova xardinería e mobiliario urbano.

As obras en marcha son Marqués de Valterra (871.000 euros), Ascensores de Valterra – Torrecedeira – Juan Ramón Jiménez (2,7 millóns) e San Salvador (600.000 euros), Carril Bici Teis-Samil (5,8 millóns), Rúa Colombia (483.000 euros), Vía Norte (2,3 millóns), rúa Camilo José Cela (667.000 euros), José Frau (596.000 euros), rúa Álvaro Cunqueiro (1,6 millóns), Barrio das Flores en Sanjurjo Badía (600.000 euros), Patio Colexio Rocío (285.000 euros), Emilia Pardo Bazán (2,8 millóns), pavillóns de Romil (2,2 millóns) e Quirós (3 millóns), Serafín Avendaño, Heraclio Botana e Roupeiro (500.000 euros), rúa Venezuela (1,1 millóns) e rede de mallado do abastecemento (1,2 millóns).

Pendentes de inaugurar está a reforma da cuberta da grada de Río e consolidación estrutural do estadio de Balaídos (6,77 millóns) e o acondicionamento e mellora da contorna da Escola de Música de Beade (503.965 euros).

As obras que comezarán antes de maio son o peche perimetral do Santa Irene (60.000 euros), asfaltado de viais (600.000 euros), pavillóns da grada de Río en Balaídos (1,1 millóns), rúa Camelias entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidade (2,2 millóns), ramplas de Gran Vía (5,2 millóns), última fase da rúa Aragón (1 millón), rúa Pazos (150.000 euros), Gregorio Espino (1,4 millóns), Coutadas (400.000 euros), patios cubertos de Colexio Canicouva (280.000 euros), CEIP Pintor Laxeiro (250.000 euros), CEIP Balaídos (300.000 euros), reforma dos campos de fútbol de Navia, Meixoeiro, Candéan, A Bouza, As Relfas, Monte da Mina, Samil, Comesaña, A Guía, Carballal y Bouzas (3,8 millóns), Praza de América (1,9 millóns), Biblioteca de Navia (440.000 euros), asfaltados en parroquias (2 millóns), Mantelas (520.000 euros), Escolas Públicas (300.000 euros), asfaltado en Castelao (750.000 euros) e Arenal (320.000 euros), Vía Verde de Teis a Urzaiz (1,4 millóns), cuberta do Centro Cultural Becerreira (450.000 euros), García Barbón de Serafín Avendaño a Rosalía de Castro (500.000 euros), Estrada de Porto (3,5 millóns), Ramón Nieto (270.000 euros), zona verde sobre AP9 túnel Candeán (700.000 euros), Ronda de Don Bosco (1,7 millóns), patio do Colexio García Barbón (270.000 euros), aparcamiento Teis (70.000 euros), peatonalización Porta do Sol (14 millóns), humanizacións parroquias (3 millóns), García Barbón de Rosalía de Castro a Isaac Peral (1,2 millóns), muros do Camiño Arouba (Zamáns) e Baixada Lagoa (85.000 euros), Serafín Avendaño (268.000 euros), Biblioteca Ambulatorio Teis (900.000 €), renovación saneamento e abastecemento rúa Venezuela, entre Taboada Leal y Celso Emilio Ferreiro (400.000 euros), acondicionamento Torre ETEA (16.000 euros), biondas de protección motos (300.000 euros), asentos grada Río Baixo (350.000 euros) e Porta do Sol (14 millóns).

Por último, o alcalde mencionou os proxectos a aprobar antes de maio: túnel rúa Lepanto (10 millóns), reforma EDAR para Auditorio (400.000€), mellora da Baixada e Praza Estación (1,2 millóns), humanización García Barbón, entre Rosalía e Isaac Peral (1,2 millóns), humanización Serafín Avendaño, entre Areal e Rosalía (268.155 euros), torreiro Valadares (200.000 euros), terreos ADIF entre Serafín Avendaño e Canadelo Baixo (500.000 euros), Severino Cobas, desde Bouciña a Ramón Nieto (250.000 euros), San Paio (700.000€), renovación aglomerado Arquitecto Palacios (703.637 euros), asfaltado Urzaiz, entre Gran Vía y Colón (150.005 euros), asfaltado Marín (218.139 euros), beirarrúas e aglomerado Clara Campoamor (1 millón), Canadelo Alto (151.000 euros).

Ademais, Abel Cabalero tamén falou da futura humanización da Avenida de Madrid (8.842.600 euros), as gradas de Gol e Marcador (35 millóns) e o anteproyecto do pavillón de Matamá (2,5 millóns).

Descargar todas as imaxes