O Concello de Vigo rebaixou o prazo de pago das súas facturas a 11 días en abril
O "último dato oficial e pechado", correspondente a abril, indica que o goberno vigués abona aos provedores en 11,39 días. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, recordou este venres que Vigo lidera as urbes españolas no prazo de pago das facturas.
"Iniciamos o ano con moi bos datos económicos e de pago a provedores", asegurou Aneiros en rolda de prensa. Explicou o concelleiro de Facenda que xa no 2017 Vigo foi a cidade española de máis de 75.000 habitantes que antes abonou as súas facturas, liderado que continúa nos primeiros meses do presente ano por mor da "boa xestión" do equipo encabezado por Abel Caballero.
Os datos ofrecidos polo propio Aneiros revelan que o Concello fixo fronte aos pagos nunha media de quince días en xaneiro, de 13 días en febreiro e de 14 días en marzo, prazo que o goberno de Vigo conseguiu rebaixar aos 11,39 días no pasado mes de abril. Son tempos "extraordinariamente breves", subliñou o edil, "que poñen de manifesto o cumprimento rápido das obrigas de pago do Concello e a existencia de liquidez" nas arcas municipais.
Presión fiscal
Tamén en materia económica, Jaime Aneiros recordou que está aprobada a conta xeral correspondente ao exercicio de 2017, pechado con superávit e cumprimento das regras de equilibrio e estabilidade orzamentaria esixidas polo Goberno de España.
As contas do pasado ano, engadiu, revelan que a presión fiscal en Vigo é a máis baixa das urbes galegas. A modo de exemplo, Aneiros explicou que na cidade olívica o dato ronda os 500 euros mentres que na Coruña é de 568 euros, en Pontevedra ascende a 572, en Santiago chega aos 612 euros e en Lugo, aos 698 euros.
Descargar todas as imaxes