O escolares do Párroco don Camilo coñecen a festa da Reconquista de Vigo
O Goberno de Vigo impulsa o programa educativo "VigoHistoria 2018: A Reconquista" ata o próximo 6 de abril. Hoxe foi a quenda dun grupo de estudantes de Primaria do Colexio Párroco don Camilo.
O alcalde acompañou este venres aos alumnos do Colexio Párroco don Camilo no programa "VigoHistoria 2018: A Reconquista", promovido polo Concello de Vigo co obxectivo de divulgar entre os escolares da cidade a historia da Reconquista da cidade.
Ata o próximo 6 de abril, o alumnado coñecerá dun xeito didácto e ameno, e no propio Casco Vello, a recuperación da cidade no 1809 ás tropas napoleónicas, da man de monitores e especialistas recoñecidos.
Segundo detallou Caballero, un actor caracterizado do soldado francés Pierre Delapierre amosará os escenarios da Reconquista na zona vella da cidade, coa unidade didáctica "Mapa da Reconquista" e materiais preparados ao efecto.
Descargar todas as imaxes