Escoitar

Recoñecidos pedagogos participarán nas xornadas ”Aprender a convivir”

luns, 10 feb 2003
imx2312.jpg
Programa
As xornadas ”Aprender a convivir” celebraranse do 11 ao 13 de marzo no centro cultural Caixanova. ”Pretenden dar a coñecer o que se está a facer tanto nos centros de Vigo como noutros lugares no ámbito da educación para a convivencia, a resolución non violenta dos conflictos e a educación para a paz”, explicou a concelleira de Educación, Ana Gandón.

”Aprender a convivir” é un programa municipal demandado pola comunidade educativa e por colectivos de mulleres preocupados pola existencia de violencia na sociedade. Profesorado dos centros participantes no programa explicarán os seus traballos e preocupacións ao redor da convivencia pacífica. Ademais, contarase con investigadores de recoñecido prestixio que exporán tres experiencias innovadoras pola súa calidade e interese.

Estas xornadas pretenden ser un recurso máis para profundizar nos obxectivos do programa desde a necesaria unión entre teoría e práctica, entre a reflexión e as propostas de acción. A entrada é libre ata completar o aforo. As inscicións poden facerse a través de ime@vigo.org ou no teléfono 986-204912.

Nos dous anos de funcionamento do programa ”Aprender a convivir” adscribíronse os consellos escolares de máis de 30 centros de Vigo, coa implicación directa de profesorado, alumnado e pais e nais de alumnos.

Programa

Martes, 11 de marzo

17:00 Recepción, entrega de documentación

17:30 Inauguración
-Lois Castrillo, alcalde do Concello de Vigo
-Ana Gandón, concelleira de Educación e Muller
-Xesús R. Jares, coordenador do programa educativo municipal ”Aprender a convivir”

18:00 Conferencia inaugural
-José Gimeno Sacristán, catedrático de Didáctica da Universidade de Valencia. ”Educar e convivir na era da cultura global”
Presenta: Xesús R. Jares

19:45 Descanso

20:00 Mesa de presentación de experiencias. Fernando Carrasco (orientador), Antonio Vázquez (director) e estudiantes de ESO do IES de Teis (Vigo). ”O desenvolvemento do programa Aprender a convivir no IES de Teis”

Victoria Martínez e Raquel Moreno, xefa de estudios e profesora do CEIP Julián Besteiro, Getafe (Madrid)

Presenta e modera: Alfonso Guitián, director do CEIP Teis-Frián (Vigo) e vicepresidente do CEMV

Mércores, 12 de marzo

18:00 Conferencia
Montserrat Moreno, profesora da Universidade de Barcelona. ”Resolución de conflictos e aprendizaxe emocional. Unha perspectiva de xénero”

Presenta: María Luísa Abad (orientadora do IES Valentín Paz Andrade, Vigo)

19:45 Descanso

20:00 Mesa de presentación de experiencias
Mireia Uranga, profesora de secundaria. ”A experiencia da mediación en centros de secundaria” (Gernica Gogoratuz, Gernika, Euskadi)

Ramiro Taboada González (mestre e coordinador de orientación) e José Ignacio Parajó Calvo (director). ”O desenvolvemento do programa Aprender a convivir no colexio Miralba-Xesuitinas de Vigo”.

Presenta e modera: Stéfano Maggi Díaz (secretario do IES de Teis, Vigo)

Xoves, 13 de marzo

18:00 Conferencia
Jurjo Torres Santomé, catedrático de Didáctica da Universidade da Coruña. ”Educar en tempos de neoliberalismo”
Presenta: Manuel Vieites (director do IES nº1 Vigo)

19:45 Descanso

20:00 Presentación de experiencias
Isabel Fernández, directora do IES Pradolongo (Madrid) ”A experiencia do modelo de alumno axudante no IES Pradolongo de Madrid”

Fina Fernández e Luisa María del Carmen Braña (profesoras de primaria e infantil) ”O desenvolvemento do programa Aprender a convivir no CEIP Javier Sentat de Vigo”

Presenta e modera: Rosa Furelos (director do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, Vigo)

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes