Escoitar

Un circuito de teatro ofrecerá 40 funcións nos barrios vigueses

venres, 7 feb 2003
imx2310.jpg
Programa
O circuito teatral ”Vigo a escena”, da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, celebrarase de febreiro a xuño nos barrios da cidade. ”Constitúese unha rede municipal de teatro con 40 representacións destinadas a darlle oportunidade de exhibir o seu traballo ás compañías locais e facer partícipes do teatro aos cidadáns”, explicou Isaura Abelairas.

”Vigo a escena” é un programa de difusión e potenciación do teatro na cidade que, xunto co Verán de teatro, o Vigocreque e o Festival Alternativo de Teatro, pretende servir de lugar de expresión para os artistas da cidade ademais de descentralizar a programación municipal.

Calero, director de Máscara Prduccións, explicou que este circuito é un paso importante para o crecemento das compañías viguesas que ofrecerán varias estreas nesta edición.

Santiago Montenegro, productor e actor de Artello teatro alla scala 1:5, aproveitou o acto de presentación do programa para ler o manifesto promovido pola asociación ”Cultura contra a guerra” no seu deber da condición de artista, afirmou.
Descargar todas as imaxes