Escoitar

Patrimonio Histórico organiza o VII Seminario de Arte Románica

venres, 7 feb 2003
imx2304.jpg
Santa María de Yermo
O románico montañés é o tema xenérico do VII Seminario de Arte Románica que organiza a concellería de Patrimonio Histórico e que se celebrará entre os días 8 de marzo ata o 5 de abril no Centro Cultural Caixanova. As persoas interesadas poderán inscribirse no rexistro xeral do Concello ata o 4 de marzo previo pago de nove euros.

O profesor Francisco Xabier Ocaña Eiroa é o encargado da realización do seminario e puntualiza que ”a definición do románico montañés é ficticia. Non hai románico de montaña, nin de chaira, nin do Camiño de Santiago, nin da conca do Doiro, nin das catedrais. O que hai é románico na montaña, na chaira, no Camiño de Santiago, etc. Aludimos ó románico montañés como estrataxema pedagóxica para explicar o románico nunha zona de montaña que abrangue a alta montaña castelá do Alto Campóo, a de Cantabria e a do norte de Burgos”.

O seminario ”O románico montañés” impartirase cada sábado pola mañá desde o 8 de marzo ó 5 de abril. ”O Alto Campóo I e II”, ”Cantabria”, ”O románico de Vigo”, ” O norte de Burgos” e ”O Pórtico da Gloria” son os temas de cada xornada.

No seminario tratarase de explicar o que arquitectónicamente sucedía nas construccións medievais dunha determinadas comarcas, que tiñan en común a fronteira natural das montañas fronte ó chairo, onde tamén se instalou un románico de alto valor, como foi o do Camiño de Santiago, o da conca do Doiro, ou as partes baixas da meseta superior, as de Segovia e Salamanca.
Descargar todas as imaxes