Escoitar

Ponse en marcha o programa de renovación do pavimento de rúas

luns, 10 feb 2003
A Comisión de Goberno decidiu poñer en marcha o programa de renovación do pavimento das rúas de Vigo, que dispón nos presupostos deste ano dunha dotación económica superior aos tres millóns de euros. O goberno municipal acordou contratar xa mediante o procedemento de poxa as obras de pavimentación das seguintes rúas: Couto de S. Honorato, Baiona, Tui, Manuel Olivié, Taboada Leal e Torrente Ballester. O presuposto para estas primeiras actuacións é de 198.173 euros.

Ademáis, en canto as condicións meteorolóxicas sexan propicias executaranse outras obras de asfaltado que xa están adxudicadas e que corresponden ás rúas Sanjurjo Badía, Simón Bolivar, Marqués de Alcedo, Isaac Peral e Coruña.

Mercarase un novo vehículo autoescaleira para o corpo de bombeiros

A Comisión e Goberno decidiu principiar os trámites para a adquisición dun novo vehículo autoescaleira para o parque de bombeiros, que substitúa o actual, que xa ten 37 anos de antigüedade. Vanse investir 600.000 euros nesta compra que permitirá ao corpo de bombeiros dispoñer dun vehículo con todos os avances técnicos para afrontar os rescates en altura. O novo camión escaleira vai poder operar en rúas con pendentes de ata o 24%, que non son nada infrecuentes en Vigo.