Escoitar

Ultímanse os preparativos para celebrar o Día da Paz

luns, 27 xan 2003
imx2265.jpg
Edición do 30/1/2002
O Concello de Vigo organiza os actos escolares para celebrar o Día da Paz o vindeiro 30 de xaneiro. Arredor de 3.000 persoas daranse cita ás 11:00 na praza do Rei. Un coro interpretará o ”Himno da alegría” e darase lectura de cartas sobre o desastre do ”Prestige” e a posible guerra contra Iraq.

O obxectivo desta iniciativa consiste en dicirlle a todos que a paz é posible. En definitiva, trátase de facer público nun so día o que pretenden facer os educadores durante todo o ano. Os nenos e rapaces non só van ao colexio para aprender lingua, matemáticas ou ciencias naturais senón que tamén deben asumiren a convivencia en paz e deben aprender a ser bos cidadáns do mundo.

Para a organización deste evento celebráronse reunións desde o mes de outubro de 2002 no centro de educación especial, convocouse un concurso de carteis entre os centros participantes co lema ”A escola pola paz”, solicitóuselle ao conservatorio Mayeusis a participación do coro infantil e elaboráronse pancartas alusivas.
Descargar todas as imaxes