O Concello e Cogami colaboran para avanzar na accesibilidade da cidade
O alcalde selou un acordo este xoves coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade a través do cal a entidade asesorará en materia de accesibilidade ao goberno local e revisará os proxectos de obra nova e humanizacións "para que a accesibilidade sexa unha constante no desenvolvemento da cidade".
Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) para pechar un acordo de asesoramento sobre accesibilidade na execución de obra nova no Concello, de maneira que se teña en conta a experiencia do usuario con problemas de mobilidade.
Deste xeito COGAMI revisará todos os proxectos de obra nova de Vigo, de humanizacións e de desenvolvemento e emitirá informes cos cambios precisos para facer unha aplicación correcta da normativa de accesibilidade.
"Queremos un deseño e seguimento das obras para que accesibilidade sexa unha constante no desenvolvemento da cidade e quen mellor o pode facer é COGAMI", dixo o rexedor, que salientou que Vigo "continúa no camiño" para facer unha cidade accesible para todas e todos e, nese avance, "imos esmerarnos" cos usuarios con discapacidade.
Descargar todas as imaxes