Escoitar

Caballero afirma que a estación do AVE ten "toda a seguridade xurídica e urbanística"

O alcalde reitera o amparo que a reforma da Lei do Solo, tramitada de urxencia, ofrece ao proxecto da estación de Tom Mayne e apela á responsabilidade do Ministerio de Fomento que non puxo en marcha os mecanismos de seguridade desa norma "que dá todas as garantías".

mércores, 11 mai 2016
Abel Caballero reiterou este mércores que o proxecto para a estación do AVE de Vigo ten "seguridade xurídica e urbanística ao 100%; ten toda a seguridade", ao amparo da reforma da Lei do Solo que se vén de tramitar de urxencia no Parlamento de Galicia. Con todo, apelou á responsabilidade do Ministerio de Fomento que non solicitou a adecuación do proxecto ao abeiro da reformada norma, "o primeiro que tiña que facer era poñer en marcha esa lei que ofrece todas as garantías porque o informe municipal, xa o dixemos, vai ser positivo".

O rexedor engadiu que o apoio de Vigo á Lei de urxencia tiña "fundamentalmente" como obxectivo dar cabida aos proxectos de Citroen e da estación do AVE, na que o Ministerio ten que tomar a iniciativa para a adecuación do proxecto que terá "custo cero" para Fomento xa que non debe asumir expropiacións senón soamente a cualificación urbanística.