O alcalde considera "un gran paso adiante" que a Xunta aprobe a Lei da Área Metropolitana
Caballero dixo estar "moi contento" pola luz verde que o Consello da Xunta de Galicia deu este xoves á reforma da Lei da Área Metropolitana de Vigo que agora debe continuar a tramitación parlamentaria para poder ser aprobada antes da disolución da Cámara galega.
"Un gran paso adiante", así define o rexedor vigués a aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia da reforma da Lei da Área Metropolitana de Vigo, aínda que apuntou que "queda a tramitación" no Parlamento de Galicia para que poida ser confirmada antes da disolución da Cámara pero "imos dando os pasos requiridos".
Caballero amosouse "moi contento" porque esta foi unha petición expresa de Vigo a Feijóo "e houbo que pelexala durante case un ano" para que se adoptara esta decisión. Engadiu tamén que, dado que un dos condicionantes da aprobación da Lei é a entrada de Vigo no transporte metropolitano, o Concello "esixirá á Xunta que a nosa incorporación estea condicionada á aprobación da Lei no Parlamento".