O Concello apoia o concerto de presentación da Asociación de Música Clásica de Galicia
O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, trasladou esta mañá todo o apoio do Goberno local á Asociación de Música Clásica de Galicia por su "enriquecedora" labor en la difusión de la cultura. Esta entidade elixiu Vigo para facer o seu concerto de presentación que será o martes 17 de novembro no Teatro Afundación Vigo.
A Asociación Música Clásica de Galicia, racabada de constituír neste ano 2015, fai o seu acto de presentación cun concerto no Teatro Afundación Vigo (r/ Policarpo Sanz, 13), o martes 17 de novembro ás 20:30 h, a cargo de Stephen Kovacevich e Pablo Galdo. A iniciativa, tal e como explicou en rolda de prensa o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, conta con todo o apoio do Goberno local pola súa "enriquecedora" labor en favor da difusión da cultura. Na comparecencia de prensa, o edil estivo acompañado por Juan José Rodríguez, presidente da Asociación e Pablo Galdo, un dos artistas.
Stephen Kovacevich é un pianista e director de orquestra de fama mundial, considerado un dos músicos máis respectados da súa xeración. Como director de orquestra, ten estado á fronte da London Mozart Players, a Royal Liverpool Philharmonic e a Vancouver Symphony Orchestra. Como pianista tense gañado a admiración polas súas inesquecibles interpretacións de Beethoven, Brahms, Mozart e Schubert. Artista candidato ao Grammy, Kovacevich ten unha larga lista de gravacións para Philips e EMI. En 1967 fixo o seu debut en Nueva York e, dende entón, ten realizado xiras por Europa, EE.UU., o afastado Oriente, Nova Zelandia e América do Sur. Ten colaborado con artistas da talla de Martha Argerich, Renaud Capucon ou Jacqueline Du Pre.
Pablo Galdo é un dos pianistas españois máis destacados da súa xeración. Formado en España, Hungría, Austria e Rusia, ten ofrecido concertos en máis de 35 países e actuado xunto a músicos de renome mundial como Zoltan Kocsis, Lilya Zilberstein, Imre Rohmann ou Asier Polo, entre outros. Ten gravado 2 discos e actualmente compaxina a súa actividade concertista co seu posto de profesor de piano na "Universidad Alfonso X el Sabio" de Madrid e no "Conservatorio Superior de Música de Vigo". Ten ofrecido master-class en diferentes universidades do mundo, destacando a Universidade F. Chopin de Varsovia ou a prestixiosa Fundación Bareboim Said en Palestina ou a Escuela Buchmann Mehta da Universidade de Tel Aviv.
PROGRAMA:
Berg: Sonata para piano.
Debussy: En Blanc et noir. Obra para 2 pianos (xunto ao pianista Pablo Galdo)
Schubert: Sonata D960.
Descargar todas as imaxes