Escoitar

Caballero reitera a necesidade de que a Constitución recolla as competencias e a autonomía dos concellos

O alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, avogou unha vez máis porque a Consitución fixe a financiación municipal, as competencias e a autonomía dos concellos. No Foro Nova Economía, o rexedor defendeu, unha vez máis, a xestión dos municipios como "grandes administradores".

xoves, 12 nov 2015
1447335823foro.JPG
Presentado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Vigo participou esta mañá nun almorzo coloquio organizado por Nova Economía Forum na que definiu aos concellos como "grandes administradores", con algunhas excepcións, lembrando que as entidades locais "son as únicas que cumplen".

O presidente da FEMP reclamou que a Constitución "marque a autonomía" dos concellos, fixe as súas competencias e estableza os criterios de financiación, igual que coas comunidades autónomas", insistindo na capacidade e na autonomía local. A este respecto, enfatizou o seu obxectivo de facer desde a Federación Provincial de Municipios e Provincias "unha revolución na política municipal".

Outro dos eixos do relatorio, foi a área metropolitana, a "ferramenta imrprescindible" para o desenvolvemento da comarca, e avogou por un organismo de 28 municipios que xogue un papel clave no crecemento durante os próximos 50 anos. Na súa opinión, o entre supramunicipal vai "marcar unha nova Galicia, mellor que a anterior". Logo de criticar ao PP por boicotear a actual lei, defendeu as áreas metropolitanas como alternativa á fusión de municipios.

Caballero iniciou a súa intervención referíndose ao proceso independentista catalán, amosando o seu "rexeitamento absoluto ao intento secesionista dunha parte de C ataluña, cualificándoo como unha "fuga cara adiante".
Descargar todas as imaxes