O Concello e Fundamar colaborarán no enraizamento na cidade da función marítimo pesqueira
Abel Caballero recibiu este mércores aos representantes desta Fundación, que propuxeron ao alcalde xogar "un papel central" na unión entre Vigo e o desenvolvemento económico industrial do mundo pesca-mar a través de varias iniciativas, entre as que salientou un "importantísimo" proxecto turístico "sobre o que nos poremos mans á obra".
O alcalde eloxiou á Fundamar como unha fundación que aúna "armadores e mariñeiros, empresarios e traballadores da pesca" que ten unha "ambición moi importante" pola seguridade laboral, que Caballero compartiu, e unha segunda, enraizar na cidade o traballo pesca-mar mediante proxectos de tipo empresarial, pesqueiro, de seguridade laboral, de divulgación, de degustación ou turísticos.
Fundamar, revelou Caballero, propón xogar un "papel central" na unión entre a cidade e o ámbito marítimo pesqueiro e plantexou un proxecto de carácter turístico "de importancia capital, sobre o que nos poremos mans á obra". O rexedor apuntou que sería unha nova forma de "visualizar" o turismo na cidade, para que os visitantes poidan, por exemplo, coller un barco e degustar mexillóns nunha batea; en definitiva, "vivir o mar, o porto pesqueiro, os barcos de pesca", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes