Escoitar

O alcalde anima á cidadanía a presenciar os concertos de outono do Festival SinSal

Abel Caballero presentou este xoves a programación do outono do Festival SinSal, xunto ao seu codirector, Julio Gómez, e invitou aos vigueses e viguesas a acudir aos catro concertos programados. A primeira actuación terá lugar o 6 de setembro, no Auditorio do Concello, a cargo da estadounidense Angel Olsen.

xoves, 13 ago 2015
1439470979sinsal.JPG
O Concello de Vigo colabora un ano máis co Festival Sinsal, que chega a súa décimo terceira edición, tendo acadado un altísmo grado de identificación coa súa cidade e sendo recoñecido como unha peza importante do seu tecido cultural no ámbito da música.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o codirector do certame, Julio Goméz, presentaron este xoves a edición de outono do Festival SinSal 13, no que o Concello de Vigo achega máis da metade do seu orzamento, segundo asegurou o propio Gómez, propiciando un prezo das entradas máis asequible. Caballero invitou á cidadanía a presenciar os concertos programados.

O Festival Sinsal caracterízase por ser refractario ás etiquetas, especialmente ás totalizadoras e pouco claras tales como vangarda ou experimental. O Festival Sinsal é un contenedor que funciona como un radar que analiza o movemento da música no mundo global, asomándose a ela dende o curruncho do mundo no que nos atopamos. O Festival Sinsal ten sentido en canto periferia dende a que rastrexar as tendencias sen desbotar nada por motivos estilísticos.

O Festival Sinsal continuará a ser unha das actividades culturais da cidade de Vigo neste 2015, ofrecendo unha programación identificable no marco dun evento puramente vigués que cumpre 13 anos sen faltar á cita e apostando por unha fórmula diferente que ten demostrado funcionar no ámbito dunha cidade que non lle volve as costas.

PROGRAMACION:

ANGEL OLSEN
Data: 6 de setembro 2015 | 21:00 h
Lugar: Auditorio Municipal do Concello
Entradas: 10€ anticipada / 13€ despacho de billetes

BLEDO+PIRA+Dj PHILISTER
Data: 10 de setembro 2015 | 20:30 h
Lugar: por determinar
Entradas: 7€

LONELADY
Data: 25 de setembro 2015 | 23:00 h
Lugar: Sala Master
Entradas: 10€ anticipada / 13€ despacho de billetes

CIRCUIT DES YEUX
Data: 9 de outubro 2015 | 20:30 h
Lugar: MARCO
Entradas: 5€

As entradas poranse á venda no servizo de Ataquilla (www.ataquilla.com e 902.504.500), e tamén en Discos Elepé e Librería Versus; haberá un bono para os catro concertos a un prezo de 20€.
Descargar todas as imaxes

Máis información