Escoitar

Caballero avanza unha ampliación do programa cultural A Noite Branca tras o éxito da presente edición

O alcalde amosou a súa satisfacción ao presentar o balance de asistencia de público á Noite Branca que se celebrou nos museos da cidade o pasado venres día 7. A participación elevouse dos 3.383 visitantes do 2014 aos 6.022 nesta edición, o que supón un aumento dun 55%.

mércores, 12 ago 2015
1439381458noitebranca.JPG
As actividades de A Noite Branca organizadas nos museos vigueses o pasado 7 de agosto alcanzaron un récord de participación, con 6.022 visitantes, fronte aos 3.883 que se rexistraron o ano pasado. Tal e como avanzou esta mañá o rexedor, a boa acollida deste programa constata o éxito dunha iniciativa que vai se reforzada e ampliada desde o Concello.

A Noite Branca xurdiu hai dous anos co obxectivo de ensalzar o patrimonio e as actividades da rede museística viguesa, desde unha perspectiva novidosa e nun horario amplo. O programa incrementaba ata as dúas da madrugada o horario, ademais de incluir actividades paralelas como visitas guiadas, concertos musicais, apertura de novas exposicións, tanto nos propios centros como en rúas próximas.

Os recintos culturais que participaron foron os seguintes: Museo de Castrelos, Verbum-Casa das Palabras, Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego", Casa Galega da Cultura, Casa das Artes, Fundación Laxeiro, MARCO, Museo Liste, Centro de Artesanía Tradicional, Yacimiento Arqueolóxico do Castro, Centro de Interpretación de Toralla, Sede Afundación Vigo e Museo do Mar de Galicia.
Descargar todas as imaxes