Escoitar

O novo complexo deportivo de Navia abrirá as súas portas o próximo 14 de setembro

Abel Caballero visitou esta mañás o novo complexo deportivo de Navia que, a expensas de realizar os útimos remates, entrará en funcionamento o próximo 14 de setembro. Segundo detallou o rexedor, trátase dunha obra de 11 millóns de euros e unha superficie total de 16.000 m2.

mércores, 12 ago 2015
1439381374navia.JPG
A obra do novo complexo deportivo de Navia está na súa fase final de execución, a punto de iniciar a promoción previa a súa apertura, prevista para o próximo 14 de setembro. Tal e como explicou esta mañá o rexedor durante unha visita, en Vigo "precisábamos dunha instalación como esta -probablemente a mellor de España-, dixo, e pouco a pouco imos cubrindo as demandas deportivas da cidade. Lembrou que hai seis anos "non había en Navia unha soa área deportiva, agora é un gran centro deportivo da cidade".

Segundo detallou o rexedor, esta dotación supuxo un investimento de 11 millóns de euros para unha superficie de total de 16.000 m2 e permitirá crear 50 postos de traballo directos e indirectos. Respec to das instalacións, dispón de 2 piscinas -unha cun vaso de 25x12,5 m2 e unha segunda de aprendizaxe, con 12,5x6 m2-; zona de spa-balneario; sauna seca; baño turco; duchas de esencias; cubos de xeo; sala fitness de 1.000 m2; 5 salas de actividades de 700 m2; 8 pistas de padel cubiertas con cristal panorámico; pista polideportiva; campo de fútbol 7; maquinaria deportiva de última xeración; centro de ocio infantil; zonas de xogos e deportes para ocio en familia; gabinente de tratamentos e gabinete de nutrición e dietética. Como servizos complementarios, tamén contará cunha cafetería, un parque infantil, zonas verdes e un aparcamento de 165 prazas.
Descargar todas as imaxes