Escoitar

O goberno de Vigo amplía a teleasistencia a persoas con problemas de audición e comunicación

Segundo aseverou este xoves o alcalde de Vigo, o goberno local amplía a teleasistencia a colectivos con dificultades de audición e/ou comunicación, incluíndo no dispositivo tradicional un sistema de mesaxes de texto predefinidos. A partir de setembro estará dispoñible, avanzou Caballero.

xoves, 13 ago 2015
O Concello de Vigo amplía o servizo de teleasistencia, que actualmente presta a uns 600 usuarios, cun novo sistema para as persoas con dificultades de audición e/ou comunicación. O "smartcom" irá acoplado ao dispositivo tradicional de voz e permitirá a comunicación vía envío de mesaxes de texto predefinidos, tal e como salientou este xoves o alcalde de Vigo, quen tamén apuntou que esta mellora estará dispoñible a partir do mes de setembro.