Turismo está presente no salón Expogalaecia
A concelleira de Turismo participa cun stand na feira Expogalaecia, salón de turismo, gastronomía e artesanía que se celebra no IFEVI entre o 31 de outubro ó 3 de novembro. Deste modo a concellería quere apoiar á organización do certame que pretende converter este salón de Turismo como referente de Galicia.
Expogalaecia ten como obxectivo contribuír a dinamizar o sector turístico na comunidade galega, facilitando o intercambio de experiencias cos xestores turísticos doutras comunidades e países.
Entre os sectores representados están as empresas relacionadas co turismo, países, axencias de viaxes, padroados, institucións e organismos, cadeas de hostalería, empresas de transporte, fabricantes de caravanas e material de campismo, artesanía e gastronomía.
A concellería de Turismo en colaboración co Padroado de Turismo ”Rías Baixas” organiza unhas xornadas técnicas nas que se tratarán asuntos como ”Museos e a súa repercusión no turismo”, a cargo de Carlota Álvarez Basso, ”Novas tecnoloxías en hostalería”, por José Manuel Barbosa, e ”Novas tendencias do turismo”, por Francisco Sampaio.
A concelleira de Turismo, Lilian Álvarez, destacou que a coincidencia con VIGOFERIA, multisectorial acreditada como a de maior convocatoria do Nordés, constitúe un valor engadido que asegura a EXPOGALAECIA a visita de máis de 65.000 consumidores finais, ós que se unirán os profesionais que convoca o propio evento.