Escoitar

O "Imaxina Sons" consolídase como unha das principais apostas culturais do Concello de Vigo

O festival de jazz, que acada unha década de existencia, comezará o próximo 26 de xuño e traerá a Vigo artistas de renome como Alfredo Rodríguez ou Riverside Quartet. Para o proxecto destinouse unha partida de 191.000 euros, que Caballero cualificou como "un grande esforzo por parte da cidade para que non se aminore o seu nivel cultural en época de crise".

mércores, 4 xuñ 2014
1402051705imaxina10.jpg
O Jazz, a música e a cultura, voltarán a amenizar a cidade de Vigo dende o próximo 26 de xuño ata o 5 de xullo, coa décima edición do seu festival de jazz referente, o Imaxina Sons.

Abel Caballero destacou que dende o Concello de Vigo, se fai un grande esforzo por manter o apoio á cultura, a pesar dos momentos difíciles que estamos a atravesar. Dotado cun presuposto de 191,000 euros, o Imaxina Sons consolídase como un dos baluartes para seguir mantendo e impulsando o nivel cultural da nosa cidade.

Importantes e diversos artistas do eido como Gilad Hekselman Trio, Alfredo Rodríguez (considerado un dos mellores pianistas do mundo) ou Riverside Quartet, deleitarán a asiduos do jazz, e aos que non o son tanto, coas súas actuacións.

O Auditorio Municiopal, o MARCO e a Praza da Constitución, serán as sedes principáis, pero tamén haberá outros puntos destacados como os que se atopan dentro dos programas de accións especiais, o "Jazz fóra de lugar" contará con actuacións en plena rúa das formacións locais do Jazz como Lucía Martínez, Alberto Conde ou o trío galego "Sumrrá e invitados". Os demáis programas abranguen a novedosa exposición "Vigo ten swing" na Casa das Artes, que relata a través de formatos e investigacións, a intensa relación de Vigo co jazz e o "Jazz na noite" a través do cal, as actuacións chegarán aos clubes da cidade en horario nocturno.

As entradas poderanse adquirir a partir do 16 de xuño en Servinova, ou nos lugares dos concertos, e van dende a gratuidade ata os 5 euros. A pesar de contar con renome internacional, Caballero subliñou que o festival "Imaxina Sons" é apoiado exclusivamente polo Concello de Vigo, e sen a presenza doutras institucións para sacalo adiante , pero a pesar diso, o rexedor garantizou a celebración de próximas edicións no futuro co compromiso da administración municipal.
Descargar todas as imaxes

Máis información