O goberno de Vigo aproba proxectos de mellora de rúas por case 2,5 millóns de euros
En sesión extraordinaria, o goberno local validou os proxectos de humanización das rúas Coutadas, Alonso Ojeda e Toledo e entorno, ademais das melloras de Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín, Bagunda, San Cosme e o treito entre a subestación eléctrica do Troncal, na Travesía de Vigo, e o Centro de Reflexión Eléctrico na rúa Hernán Cortés.
Abel Caballero deu conta este mércores dunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local que deu luz verde a distintos proxectos de reforma de rúas da cidade, cun importe total de case 2,5 millóns de euros.
O Concello aprobou o proxecto de humanización da rúa Coutadas, en Teis, entre a rúa Santander e o paso elevado sobre a AP-9, cun importe de licitación de 335.000 euros. A mellora da rúa Toledo e o seu entorno (entre Mestre Soutullo e Leandro Alonso Martínez e a Travesía Irmáns Pérez Quintelo) presenta un orzamento de 190.000 euros, mentres que a humanización de Alonso Ojeda, novamente en Teis, suma 240.000 euros de investimento. Estas tres melloras presentan un plazo estimado de execución de catro meses e as partidas económicas proceden do superávit acadado polo Concello de Vigo no ano 2012.
Das aprobadas hoxe polo goberno local, a obra cunha maior cuantía é a renovación da rede de abastecemento entre a subestación eléctrica do Troncal, na Travesía de Vigo, e o Centro de Reflexión Eléctrico na rúa Hernán Cortés, que supera os 1,4 millóns de euros de investimento e presenta catro meses de prazo de obra.
Con cargo ao superávit de 2012, o Concello de Vigo acometerá igualmente a mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos en San Cosme, en Zamáns, por 65.000 euros e con tres meses de obra, e das rúas Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín e Bagunda, co mesmo prazo de execución e 170.000 euros de orzamento.