O Ministerio de Facenda constata que os servizos públicos de Vigo son un 53% máis baratos que en A Coruña
O alcalde referiuse hoxe luns á publicación oficial do Ministerio de Facenda que indica que o vigués paga 132 euros polas taxas e prezos públicos da cidade, un 33% menos que en Santiago e un 53% máis baratos que en A Coruña, onde pagan 202 euros por persoa.
Abel Caballero asegurou que Vigo ingresa 10 millóns de euros menos que A Coruña neste concepto, unha "singular diferencia" tendo en conta que a urbe herculina conta con 60.000 habitantes menos que a olívica.
O alcalde realizou a comparativo entre os ingresos dos consistorios vigués e coruñés polos servizos prestados á cidadanía nos últimos anos. No 2010, tanto Vigo como A Coruña percibiron por este concepto 41 millóns de euros, tendo en conta a diferencia de poboación entre ambas urbes. No 2013, os servizos de Vigo costaron aos cidadáns 39 millóns de euros polos 49 millóns de A Coruña: "60.000 habitantes menos en A Coruña que en Vigo e pagan 10 millóns de euros máis", apuntou Caballero, quen recordou asemade que a cidade olívica ten a menor presión fiscal das cidades galegas, é a urbe en réxime común menos endebedada de España e ademais presta os servizos un 53% máis baratos que A Coruña.