O goberno local aproba 80.000 euros para 46 estadías no estranxeiro da Escola Oficial de Idiomas
A Xunta de Goberno local aprobou un gasto de 80.000 euros para financiar 46 bolsas para a Escola Oficial de Idiomas. O destino máis solicitado é Londres aínda que este ano se mantén a estadía de Tokio á que se suma unha máis para Pekín.
O Xunta de Goberno local deu luz verde á convocatoria de 46 prazas de estadías no estranxeiro para os alumnos da Escola Oficial de Idiomas. Durante este curso e cun importe de 80.000 euros, 33 estudantes irán a Londres; 5, a París; 3, a Berlín; 2, a Roma; 1 a Lisboa; 1 a Tokio e, por último e como novidade nesta edición, explicou o rexedor, 1 alumno viaxará a Pekín financiado polo Concello de Vigo.