Escoitar

O Concello disporá 120 efectivos este verán para o salvamento e socorrismo nas praias

Caballero informou este mércores que a vixiancia en dez praias de Vigo se inicia o 15 de xuño con 120 profesionais. O alcalde, quen asinou este mércores un convenio coa Cruz Vermella, salientou que a calidade do dispositivo, a diferencia doutras cidades que recortaron orzamento.

mércores, 12 xuñ 2013
1371049674croja.JPG
Abel Caballero informou este mércores do dispositivo municipal para a vixilancia e a salvamento nos areais de Vigo, servizo que da comezo este 15 de xuño e alongarase, como ben sendo habitual, ata o 15 de setembro. O alcalde asinou hoxe mércores un convenio de 144.000 euros coa Cruz Vermella para primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias.

Indicou o alcalde que, mentres outros concellos recortaron este servizo, en Vigo "estamos na mellora" do mesmo e serán 120 os profesionais encargados da seguridade na tempada de praias, entre socorristas, Policía Local, Protección Civil e coordinadores.

Abel Caballero informou que este ano se contratan 42 socorristas que operarán por quendas para garantir a presencia permanente dun mínimo de 25 efectivos nas praias. O goberno de Vigo disporá socorristas en A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns), todas con bandeira azul salvo Samil.
Descargar todas as imaxes