O alcalde avanza a presentación dun plan de vóos para potenciar o aeroporto de Vigo
Abel Caballero presentará esta iniciativa logo da concentración do día 19 de xuño e incluirá unha proposta de colaboración para a Deputación e para a Xunta de Galicia. O rexedor avanzou hoxe mércores que cada vez son máis os colectivos que se suman á protesta cidadá organizada para defender Peinador.
O alcalde de Vigo avanzou hoxe mércores que ao longo dos sucesivos contactos que está a manter para analizar a situación do aeroporto de Vigo, constata que "a cidade está cada día máis preocupada" pola situación de Peinador. Logo de manter reunións cunha serie de colectivos do mundo da cultura, como pintores, fundacións, editoriais, músicos, co Comité de Empresa do Concello e coa asociación Outro Vigo é Posible, o rexedor animou a todo Vigo a participar na concentración porque, dixo, "xa surtiu efecto". Na súa opinión, tanto a Deputación, como a Xunta ou o Goberno de España xa están a reconsiderar as súas posturas.
Durante a rolda de prensa, Caballero anunciou que, unha vez pasado o día 19 de xuño, vai presentar un plan de vóos para potenciar o aeroporto de Vigo que vai incluir propostas de colaboración para o organismo provincial e o goberno autonómico. Neste punto, engadiu que o Concello xa coñecía a intención da compañía Air Europa de repoñer os avións de reacción en outono, instando a que se repoñan de xeito inmediato "porque non nos podemos pasar todo o verán con naves de hélice". Reiterou que a concentración vai ser un éxito "porque Vigo que sabe que só consegue as cousas alzando a voz".
Descargar todas as imaxes