Escoitar

Prazas dispoñibles ós Ancares do programa Camiño a Camiño

Debido ao número de vacantes que aínda quedan para a saída de Ancares para familias , póñense a disposición de todos os públicos as prazas vacantes.Nesta quenda(15-16 xuño) trátase dunha ruta de intensidade media, debido a que irán familias con menores.Podedes chamar ao 010 e 986810260. O prazo para formalizar a inscrición e efectuar o anticipo de 15€ (na Casa da Xuventude) será ata o martes pola tarde.

martes, 11 xuñ 2013
1370949628anacares.jpg
Ecosistemas de montaña

Os percorridos de montaña proporcionan a oportunidade de contemplar ecosistemas naturais en estado puro. Na primaveira estes ecosistemas maniféstanse exhuberantes e resulta particularmente agradable a súa observación. No caso particular de Ancares,poderase contrastar a experiencia primaveral coa vivida no outono pasado.

Saída: sábado, 8:15 dende a Praza do Rei.
Convocatoria: 8:00
Retorno (estimado): domingo, 20:00 na Praza do Rei.
Grupo de ata 70 persoas.
Desprazamento, estadía e manutención (agás xantar do sábado) a cargo dos participantes. Achega de 65 euros para adultos e 45 euros para menores
Inscrición: 010
Lugar de pago e de cobertura dunha ficha específica: na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 10-14 e 17-20)
Máis información: No momento de cobertura da ficha entregarase información adicional sobre o programa da actividade e o equipamento necesario.
Descargar todas as imaxes