Caballero destaca as humanizacións, o emprego e a política social como eixos do seu goberno
O alcalde presentou hoxe luns o balance de 2+4 anos de goberno, nun acto público organizado no Auditorio Municipal no que estivo acompañado por todos os concelleiros do goberno local. Na súa intervención, Caballero resaltou a importancia de humanizacións, emprego e política social na súa acción de goberno.
Acompañado por todos os seus concelleiros, Caballero fixo hoxe un balance de 2+4 años de goberno nun acto público que comezou dándolle as grazas aos vigueses e viguesas pola súa confianza e o seu apoio. Inicióuno lembrando que só nos dous últimos anos humanizáronse 70 rúas, unha cifra que se eleva a 450 nos seis anos. A que definiu como esta primeira "revolución na cidade" está moi vencellada coa creación de emprego, outro dos piares do goberno local, sen esquecer o deporte ou a educación, "o presente e o futuro" da cidade, destacando tres novas escolas infantís, o investimento en bolsas de comedor ou a posta en marcha da Uned. Neste punto tamén se referiu ás bolsas de inglés, que este ano non figuran no orzamento "pola miopía política doutros grupos", comprometéndose a que o ano que ven outorgaránse as achegas que correspondan e as que este ano non se poideron dar.
Mención especial para as políticas sociais, das que o rexedor resaltou programas como Xantar na casa, a teleasistencia, o Centro de Inclusión Social, o aumento de axudas para comedores sociais, ao tempo que avanzou a frontal oposición a calquera intento das taxas decretado pola Xunta. A seguridade xurídica e a legalidade son nestes momentos os calificativos do urbanismo da cidade, un departamento no que tamén destaca unha seria aposta pola rehabilitación do Casco Vello e de Bouzas, así como grandes proxectos como a Cidade do Deporte ou o edificio Bandeira.
No seu relatorio, non esqueceu o apoio á cultura e ao galego, destacando a figura de Rosalía de Castro, ao tempo que tamén se referiu o apoio ao comercio e turismo, destacando taxa cero para as terrazas "una iniciativa pioneira en Vigo, que agora se está trasladar a moitas outras cidades". Resaltou os 120 parques infantís e 45 áreas biosaludables que o goberno local puxo en marcha nestes seis anos, augurando moitos máis.
Na área de Medio Ambiente, referiuse a mellora do río Lagares, á recuperación de arenais. Respecto da igualdade, reiterou que unha mostra da solidariedade de Vigo é o feito de que desde esta cidade se financia o centro de referencia contra a violencia de xénero de toda Galicia. No esqueceu a importante actividade de deportamentos como Xuventude e Participación Cidadá, no que se detivo en "exitosos e pioneiros" programas como os bancos do tempo. E todo isto, concluíu, sendo o Concello "menos endebedado de España", e coa menor presión fiscal. Engadiu a "boa marcha" dos grandes proxectos de cidade como a estación do AVE ou a depuradora.
Rematou Caballero aludindo á situación do aeroporto de Vigo, comparando este "difícil momento" con outro recente: a fusión das caixas. Neste punto, pediu á cidadanía que acuda o día 19 a concentración convocada na Porta do Sol "para defender a Vigo".
Descargar todas as imaxes