A web municipal ó servicio do cidadán
A nova web institucional do Concello de Vigo, que entra en funcionamento hoxe, nace co propósito de facer cómoda e próxima a relación do cidadán coa administración local, ademais de axudar na implantación da sociedade da información en Vigo, e segundo recomendan as directrices da Unión Europea que pulan porque a sociedade da información se estenda e se reforce tamén a través da participación da administración local.
Na web os cidadáns poderán consultar o Avance do Plan Xeral e obter os impresos para os trámites da Xerencia de Urbanismo (licencias de obras, de apertura, trámites de ocupación e de titularidade de terreos, suxestións ao Avance do PXOM...).Tamén pódense facer coas actas dos plenos municipais, dos consellos da Xerencia de Urbanismo, e da Comisión de Goberno.
Doutra banda, os cidadáns xa poden coñecer directamente dende as súas casas, en qué punto da tramitación se atopan os expedientes urbanísticos que teñan abertos no Concello, con confidencialidade e comodidade. Tamén poden dirixirse á alcaldía e ás distintas concellerías para facer suxestións ou propostas, e consultar a información relativa ós impostos de bens inmobles, actividades económicas, vehículos ou taxas do lixo.
Información conformada
Os contidos que ofrece a web municipal caracterízanse polo rigor. Estableceuse un sistema de conformación que implica non só o departamento xestor da web senón tamén a todos os departamentos municipais e concellerías, e que asegura a calidade da información presentada.
Con este sistema preténdese que a información estea perfectamente actualizada e que satisfaga as demandas dos cidadáns. Enténdese que a web é un instrumento da comunicación pública municipal, e por iso a información que proporciona ten que ter a mesma exactitude e calidade cá ofrecida polos funcionarios nas dependencias físicas.
Unha web para situar Vigo no mundo
A web vai dirixida a todos os cidadáns e as cidadás de Vigo, pero tamén aos internautas de fóra que desexen coñecer como é a nosa cidade: xente que quere visitar a cidade, empresas que queren traballar con firmas de aquí, vigueses que levan tempo vivindo lonxe...
Por iso, ademais de en galego, a web conta con versións en castelán e inglés, adaptadas ás necesidades dos visitantes. Nestas versións, o Concello amosa algúns datos da institución municipal, facendo fincapé nas informacións relativas ao contorno, á historia e ao carácter da cidade. Ademais, contextualízase o emprazamento de Vigo respecto de Europa, España e Galicia, ao tempo que se especifican os distintos xeitos de acceso.
Por outra banda, boa parte dos contidos institucionais, de procedemento administrativo, de participación e servicios, preséntase tanto en galego como en castelán. Preténdense así dirixirse ás empresas e particulares de todas as partes da Península que se relacionan coa institución e coa cidade.
Dúas portas de entrada
A web institucional ten dous sistema de navegación (isto é, dúas portadas), pero cunha soa árbore estructural.
Vigo.org é a portada institucional da web, e dá acceso ás áreas principais de contidos, así como a diversas utilidades de axuda e consulta, e a determinados eventos, que pola súa actualidade na cidade merezan unha posición destacada. É a porta de entrada para aqueles que accedan á web municipal de xeito ocasional ou turístico.
Hoxe.vigo.org constitúe o acceso apropiado para os usuarios habituais que procuren realizar xestións administrativas, moverse polo Concello ou recadar información dunha maneira rápida.
Cunha navegación ou con outra, todas as páxinas posúen unha barra de menús que permite acceder de seguido e transversalmente aos contidos das outras seccións.
WWW.VIGO.ORG
Descargar todas as imaxes