Castrillo di que o Concello está a suplir en Vigo a falta de apoio da Xunta ao ensino público
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, asistiu ao comezo do curso escolar no colexio público Celso Emilio Ferreiro, que cumpre este ano 25 anos de existencia. O alcalde percorreu as aulas do centro, conversou cos alumnos e compartiu un viño cos profesores.
Lois Castrillo falou do esforzo investidor realizado polo Concello este ano para mellorar os centros de ensino públicos da cidade. Citou entre outras cousas o incremento das subvencións para comedores escolares, o aumento das axudas para a adquisición de libros ou os 700.000 euros investidos en obras de mellora das instalacións dos centros. Segundo o alcalde, o Concello de Vigo está comprometido co ensino público e por iso suple a falta de investimentos da Xunta.
Máis comedores escolares
Neste curso está prevista a apertura de 4 comedores escolares máis promovidos polo Concello, co que se acadará o número de 39 colexios públicos que prestarán servicio de comedor. Isto quere dicir que a iniciativa desenvolvida pola concellería de Educación en colaboración coas Asociación de Nais e Pais de Alumnos permitiu que dende 1999 ata agora se cuadriplicaran os comedores escolares.
O Concello subvenciona os comedores dos colexios públicos
Para facer máis asequibles o prezo dos comedores, o Concello subvenciona o seu custo. Ademáis este curso destínanse 200.000 euros á concesión de bolsas para que os rapaces e rapazas con menos recursos económicos poidan utilizar gratuitamente este servicio.
As comidas son subministradas por un servicio de cáterin que transporta os alimentos en recipientes térmicos e estancos. Os menús son detallados mensualmente e están deseñados para a idade dos nenos. Os alimentos e as instalacións son inspeccionados regularmente.
O Concello investiu 700.000 euros en obras de mellora nos centros
O Concello investiu este ano preto de 700.000 euros en obras de mellora das instalacións dos colexios públicos de Vigo. A maioría dos traballos consistiron na renovación de elementos nos centros máis antigos, no acondicionamento de zonas de xogos e de aseos, na eliminación de barreiras arquitectónicas e no reforzamento dos sistemas de seguridade.
Unha parte importante do investimento, máis de 60.000 euros, dedicouse a realizar melloras nos sistemas de calefacción dos colexios: Celso Emilio Ferreiro, Chouzo, Lope de Vega e Fleming.
Construíronse pistas deportivas no Lope de Vega e en Canicouva e vanse acometer de inmediato as obras necesarias para dotar de pistas cubertas ao colexio Fleming. Tamén se realizaron traballos e acondicionamento dos xardíns e patios dos centros: Casiano Martínez, Zamáns, Escola Municipal do Xogo e das Escolas Infantís de Teis, Lavadores e Sta. Marta.
O Concello concede 1827 axudas para a compra de libros de texto
1827 rapaces e rapazas de Vigo vanse beneficiar neste curso das bolsas que outorga o Concello para a adquisición de libros de texto. O Concello destina este ano 162.135 euros a subvencionar a compra de libros das familias con menos recursos económicos.
As axudas aprobadas distribúense da seguinte forma:
- Educación Infantil --- 295 rapaces/as --- 61 euros para cada un.
- Educación Primaria--- 952 rapaces/as --- 85 euros para cada un
- ESO --- 580 rapaces/as --- 109 euros para cada un.
O requisito que debían cumprir os solicitantes para recibir a axuda era o de cursar estudios nun centro público ou concertado e ter uns ingresos familiares inferiores aos 150 euros por membro da unidade familiar. O Concello denegou 198 peticións que non cumprían con esta esixencia.
Programas educativos
O Concello volverá ofertar este ano a toda a comunidade escolar o programa educativo “Vigo por dentro”, que permite aos alumnos dos centros da cidade realizar visitas didácticas e itinerarios formativos que os axudan a coñecer mellor o noso patrimonio cultural e natural, o medio físico e económico de Vigo e o funcionamento dos servicios públicos.
Agárdase que neste curso participen neste programa máis de 18.000 rapaces e rapazas de 134 centros educativos, públicos e concertados, de Vigo.
Descargar todas as imaxes