A Corporación aproba os estatutos da Fundación MARCO
O pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe por unanimidade a corrección dos estatutos da Fundación MARCO no senso de ratifica-la vontade do Concello de Vigo de participar como entidade fundadora achegando unha cantidade inicial de 6.020 euros, en concepto de dotación patrimonial, e de 54.091 euros para equipamento de primeiro establecemento.
Comprometeuse tamén ó financiamento dos gastos derivados do seu funcionamento durante os exercicios 2002 e 2003 polos importes de 412.202 euros e 900.150 euros, cantidades que se consideran a partir do exercicio 2004.
O pleno acorda trasladar ás demais entidades fundadoras, Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra e Caixanova, o acordo co fin de que polos órganos competentes de ditas entidades se acorde a súa vontade de constitui-la Fundación MARCO, se preste conformidade ó contido dos estatutos fundacionais e se proceda á designación dos membros vocais do Padroado.
A Fundación Marco estará dedicada á realización de actividades culturais de investigación, educación, formación, conservación, exhibición e difusión da arte e da cultura contemporáneas, con particular atención á producción artística da Comunidade galega, así como a estatal e internacional. A Fundación deberá impulsa-la estimulación da sensibilidade da sociedade cara á cultura actual.
A Fundación MARCO terá a súa sede e desenvolverá as súas actividades no edificio, de propiedade municipal, destinado ó Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Descargar todas as imaxes